miércoles, 18 de enero de 2012

Me llorarán... MELLORAREMOS

A miña intervención de hoxe será curta, concisa e creo que moi clara. Permitídeme que escriba nunha das miñas  LINGUAS maternas, que non dialecto. Perdoádeme se non o fago nun galego normativo, porque despois de tantos anos fora da miña casa xa non o domino como debería. E hai que dicir tamén que o meu castrapo está misturado cun galego do norte da provincia de Lugo e co galego de Ourense. Bueno, podería ser peor. Nos tempos da preguerra, guerra e postguerra  o galego e os galegos foron perseguidos polas competentes autoridades polo uso de algo que non podía ser antes,en medio ou despois dun réximen  franquista, e cabe dicilo tamén: por un suposto señor que non era outra cousa que aqueles natos na terra da morriña: GALEGOS.
Non quero parecer un anuncio do nadal do Gadis, nin de Estrella Galicia... Pero a realidade échevos así.

Pois ó que ía, ese señor xa non está entre nós, polo menos en corpo, aída que dubido moito que tamén estea en alma (ailma, como se diría na vila na que naceu...). O meu avó estavos triste porque teño que dicir que Don Manuel Fraga Iribarne era un mito/deus na nosa Galiza, e por riba de todo, na provincia de Lugo, e se aínda cabe máis, na propia Terra Chá. O lugar onde naceu mellorou cen por cen desde que el se convertiu no presidente da Xunta de Galicia - Galiza-. Mal pensaba que o que estaba incentivando  eran as nosas saídas os sábados pola noite e facendo que todos casáramos no mesmo restaurante!

Teño boas lembranzas do penúltimo presidente da Xunta do PP. De Francisco Franco non me lembro: nacín no ano 1980. Lembro ó meu pai dicindo: Din don!
Lembro a un Xosé Manuel Beiras incordiando. Non lembro moito máis.

Se fora por Fraga(ejem!), as mulleres foderíamos e preñaríamonos, porque os homes non deberían usar condós.
Se fora por Fraga ós galegos que fomos limpiar Corcubión deberíamos levar unhas ostias como se el fose o meu pai.
Se fora por Fraga nos mares que bañan España estarían os seus collós lavados coma en Palomares.
Se fora por Fraga tódo-los socialistas estaríades/estaríamos na choupela, por "traeres" ós pederastas todos do mundo para España.
Se fora por Fraga os maricós/tortilleiras deberían ser operados dos cromosomas.
Se fora por Fraga o fuel sería unha variante.
Se fora por Fraga as cacerías non son cacerías, son dietas sen  comer.
Se fora por Fraga eu non podería escribir. E menos en galego.

DEP. Descanse. Paz.